RESOANDO NO PASADO

RESOANDO NO PASADO

Resoando no Pasado é uhna colección de instrumentos que Abraham Cupeiro mostra a través dun concerto -monólogo no que viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento.

Este proxecto, xurde da inquietude de Abraham por coñecer e recuperar instrumentos de todas as épocas e lugares.

Alguns deles, contruíunos o propio Abraham:

Karnix: Basouse nunha moeda romana e dista do que se atopou en Tintignac tan só 3 cm.

Cornu, foi construído sobre uns planos dun exemplar achado en Pompeia e cuia sonoridade é sorprendente.

Trompeta natural: Foi o primeiro instrumento que fixo, cas técnicas do século XVII.

E outros foinos adquirindo ao longo dos anos nas súas viaxes , como por exemplo: Rag Dung, Gaida, Shofar,Chalumeaux, Toba,Schalmei,Zurna,.....

Resoando no Pasado vio a luz no 2006 e dende entón máis de 40000 persoas puideron desfrutar deste concerto, onde Abraham toca máis de 100 instrumentos ao longo do espectáculo.

Dende unha pequena frauta de óso( 46000 a.c) ata un gran gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.

Ao longo do concerto, todos eles resoan  de novo e dan lugar a interesantes anécdotas, de xeito que nos achegan á parte máis humana dos instrumentos musicais.

Pedagóxico ,ameno, e sobre todo, cheo de emoción Resoando no Pasado é un proxecto para todos os públicos.

ALGUNAS FOTOS DE LA EXPOSICIÓN

VIDEO DA EXPOSICIÓN